Historia

ct.galega

ct.galega nace en 2.005 da experiencia de unha década implantando solucións especializadas en sistemas e software de xestión. Posteriormente, a medida que o mercado o demandaba ampliamos o noso catálogo con produtos e servizos de xestión documental, control de presenza, centraliñas telefónicas e VozIp, seguridade da información e consultaría LOPD. Comezamos tamén a desenvolver software e aplicacións, o que nos permite ofrecer ao cliente unha solución 360º..

Dirixímonos exclusivamente a empresas e profesionais, aportando recursos específicos para as súas necesidades e requirimentos, e conscientes da relevancia da tecnoloxía no seu día a día. Ofrecemos a ilusión dun equipo xoven pero formado e capaz; combinamos novos retos coa acumulación de coñecemento, froito de ducias de proxectos exitosos. A nosa clave é a especialización, a eficiencia e o bon facer. 

Traballamos conxuntamente coa nosa clientela, para conseguir que a tecnoloxía aporte valor aos seus negocios e deixe de ser un problema. Sumamos á nosa experiencia no mercado tecnolóxico un coñecemento clave do sector e dos procesos de traballo do cliente, iso fai que o noso servizo acade altos niveis de calidade e satisfacción.

Estamos en Monforte (Lugo). Actualmente superamos os 300 clientes activos, espallados polas catro provincias galegas, Asturies, Castela e León, Cantabria, Madrid, Andalucía, Navarra, Extremadura, Catalunya … Nos últimos anos vimos experimentando fortes e sostidos crecementos anuais en vendas e recursos, pero non esquecemos a cercanía que nos caracterizou dende o comezo.

¿ Falamos ?

HISTORIA

ct.galega

Corredoira 58 Baixo
Monforte de Lemos 27400 · Lugo
982 87 43 12
info@ctgalega.com

microsoft partner
agora
hp
 3cx
programación integral
redsertec