Backup_on_line

ct.galega
Qué e isto? É unha copia de seguridade dos arquivos e datos. Xeralmente faise de modo automático e con algún tipo de encriptación para a súa protección ante accesos non autorizados.
Nós dispoñemos de tódolos medios para que nunca perdas a túa información. Ca copia de seguridade da túa información na nube poderás:
  • Acceder aos teus datos dende calquera parte.
  • Configurar de forma personalizada da copias periódicas.
Ademais,
  • Un ataque ransomware non é tan preocupante posto ca información está almacenada de forma segura nun centro de datos.
No mercado existen diversos tipos de copias de seguridade. Nós instalarémosche a solución que máis se axuste ás túas necesidades.
  1. Copia de seguridade completa: copiaranse todos os arquivos e cartafoles sinalados.
  2. Sistema  incremental: fai unha copia de seguridade completa de inicio. Logo, as seguintes, soamente copiará aqueles arquivos que sufrisen variacións.
  3. Backup diferencial: copia de seguridade que ten en conta a feita inicialmente.
  4. Copia espello: nesta copia de seguridade todos os cambios realizados nos equipos trasládanse á copia. Desta forma, un arquivo eliminado do sistema, tamén se elimina do  backup en liña.
  5. Protección de datos continua: este tipo de copia de seguridade usa moitos puntos de restauración para asegurar os datos con copias actualizadas.
Cos nosos plans personalizados a información da túa empresa estará sempre a salvo.

 

ct.galega

C/ Chantada, 177,Baixo
Monforte de Lemos 27400 · Lugo
982 87 43 12
info@ctgalega.com

microsoft partner
agora