Control_de_presenza/accesos

ct.galega
Control de presencia - Control de accesos

Os sistemas de control de presenza permiten controlar e xestionar as horas traballadas dos empregados. Así, coñécese de forma eficaz o cumprimento e control horario dos traballadores, a xestión de quendas e o control de fichaxe. Un dos sistemas máis completos é a combinación dun terminal de pegada ou tarxeta de proximidade cun potente software.

As empresas poden decidir qué sistema de control implantar. Un sistema automatizado usa controis por pegada dactilar, tarxeta ou PIN ou ben pódese facer a través de dispositivos móbiles. Estes rexistros gárdanse nun software que permite emitir informes de presenza, control de horas extraordinarias e control de horas traballadas. Outras das súas funcións son o seguimento dos calendarios laborais, as vacacións do persoal e os tempos adicados a cada proxecto ou obra.

Con esta tecnoloxía dáse perfecto cumprimento á normativa vixente desde o 12 de maio de 2019 tras a modificación do artigo 34 do Estatuto dos Traballadores, segundo a Real Decreto-Lei 8/2019.

Doutra banda, cos controis de acceso pódese analizar, controlar e configurar, en tempo real e de forma precisa, o desenvolvemento dos tempos e presenza da túa empresa. Este sistema está deseñado para satisfacer as necesidades das pemes cunha potente e gráfica representación de resultados.

Sexa cal sexa a túa necesidade temos o dispositivo que necesitas. Adaptamos á túa empresa calquera tipo de control tanto se é presencial coma se o necesitamos en remoto.
 

ct.galega

C/ Chantada, 177,Baixo
Monforte de Lemos 27400 · Lugo
982 87 43 12
info@ctgalega.com

microsoft partner
agora