Desde ct. galega encargámonos de implementar solucións a medida para os nosos usuarios. Modificacións personalizadas porque cada empresa é diferente. Tamén desenvolvemos aplicacións en diversas tecnoloxías e contornas; dende pequenas utilidades a sistemas máis complexos.
Á súa vez elaboramos aplicacións webs, de escritorio e app para dispositivos móbiles. Dispoñemos dun equipo de programación áxil que traballa con patróns e metodoloxías actuais da man do soporte dos fabricantes e tecnoloxías máis avanzadas e estables.